viernes, abril 29

DE NOVO ESTAMOS AQUÍ


Comezamos o último trimestre deste curso. Estamos contentos? Claro que si!
Na clase de relixión estamos "supercontentos" porque...
estamos na PASCUA.
( e a cor agora é ...)


lunes, abril 25

sábado, abril 23

A CATEDRAL

   O proxecto sobre o que imos traballar no 6º curso de Primaria versa sobre a catedral de Santiago neste seu oitavo centenario.
   Temos unha webquest para que investiguen e coñezan os datos e características principais deste importante templo de peregrinación.



sábado, abril 16

SEMANA SANTA

   Estamos ás portas da Semana Santa. Nesta Cuaresma do 2011 preparámola facendo unha procesión. Elaboramos algúns dos pasos máis representativos dos importantes acontecementos que conmemoramos. Participamos todos os cursos e cada un fixo a súa propia confraría, na que puxemos moito entusiasmo e cariño.


viernes, abril 15

SAME 2011

No ano no que o Día Internacional da Muller conmemora o seu 100 aniversario, a Campaña Mundial pola Educación ten como tema central a educación das mulleres e das nenas.
O acceso a unha educación de calidade para homes e mulleres debería estar garantido. Non obstante, a realidade mundial mostra que as mulleres seguen sendo discriminadas no exercicio do
DEREITO Á EDUCACIÓN.
 
A Grande Historia é a acción que propón a SAME neste 2011 para que entre toda a sociedade, alumnos e alumnas, docentes, clase política e outros axentes, nos mobilicemos e reflexionemos sobre esta inxusta situación.
(Podedes ver os traballos realizados no enlace da páxina da CME que aparece no listado da dereita)
E aquí vos deixo dúas fotos dos murais que fixemos no cole cos traballos que realizaron os rapaces e rapazas de 5º e 6º.


PROXECTO: AS ONG.

   Boa parte deste trimestre os alumnos e alumnas de 6º de Primaria andivemos a facer un proxecto sobre as ONG.

   Estivemos investigando cal é o obxectivo principal dalgunhas delas, dende cando existen, en que campo específico centran a súa actividade, onde traballan, cal son as súas características máis salientables, etc.
   Para elixir aquelas que íamos utilizar de exemplo buscamos recortes de prensa e tamén fixemos un listado con aquelas que obtivemos facendo unha recollida de información entre os profes. Éste é o material co que estamos elaborando o "Amodiño" deste curso.

 Así anda polo de agora. Seguiremos traballando nel ata fin de curso.




lunes, abril 11

AS PARÁBOLAS

   En 4º están, nestes últimos días que nos quedan antes de vacacións, traballando coas parábolas.
                                                                  Sabedes o que son?
   Son historias curtas e sinxelas, que tratan da vida cotiá e que teñen algo que ensinar. Xesús contaba estas historias para que todas as persoas que o escoitaban puideran comprender a súa mensaxe.


video

Para ver videos dalgunhas parábolas, buscade na marxe dereita.

domingo, abril 3

CONECTANDO MUNDOS


UN MUNDO CAMBIANTE.
UN CREBACABEZAS EN CONSTRUCIÓN.

   As nenas e nenos de 4º de Primaria vimos de participar na actividade "Conectandomundos" de Intermón-Oxfam xunto con outros rapaces de Portugal, Italia ou Cataluña.
  O obxectivo que perseguiamos era fomentar condutas individuais e colectivas transformadoras para contribuir á construción dunha sociedade equitativa, diversa e xusta.



Non só aprendimos cousas interesantes, senón que tamén divertímonos moito coas actividades da Rede. E, por riba, compuxemos entre todos esta bonita canción:

LES NENES I ELS NENS PDEM TENIR ELS MATEIXOS GUSTOS.
LES NENES PDEM JUGAR A FUTBOL I ELS NENS AMB LES NINES.
ELS NENS I LES NENES TENEN ELS MATEIXOS DRETS,
SÓN IGUALS I PODEM SER COM VULGUEM.

DIFERENTES CULTURAS,
DIFERENTES COLORES,
DIFERENTE APARIENCIA;
SENTIMOS EL AMOR.
UNIDOS GANAREMOS
UN MUNDO MEJOR.
UN MUNDO CON AMIGOS.
UN MUNDO DE PAZ.
VEN A CANTAR CONMIGO
EL CANTO DE AMISTAD.

AQUÍ ESTAMOS
CANTANDO ESTA CANCIÓN,
TODOS DIFERENTES,
UN MISMO CORAZÓN.

EU SALTO Á CORDA
E ADORO SORRIR.
TU JOGAS Á BOLA,
ATE MESMO A DORMIR!

O MESMO CORAÇAO!
ESTÁ EM TODOS NÓS,
O NOSSO CORPO
É A UNICA DIFERENÇA
QUE À EM TODOS NÓS.

AQUÍ ESTAMOS
CANTANDO ESTA CANCIÓN,
TODOS DIFERENTES,
UN MISMO CORAZÓN.

NAO IMPORTA A NOSSA NACIONALIDADE
SÓ IMPORTA A NOSSA AMIZADE.
NAO PODEMOS JULGAR AS PESSOAS
PELO QUE ELAS GOSTAM,
PORQUE SOMOS TODOS DIFERENTES POR FORA,
MAS SOMOS TODOS IGUAIS POR DENTRO.
FOI MUITO DIVERTIDO DESCOBRIR
QUE DEVEMOS ACEITAR AS DIFERENÇAS.

EM TODO O PLANETA
HÁ PESSOAS DIFERENTES
NAO IMPORTA A COR
NAO IMPORTA A LÍNGUA
A ISSO SOMOS INDIFERENTES.

AQUÍ  ESTAMOS
CANTANDO ESTA CANCIÓN,
TODOS DIFERENTES,
UN MISMO CORAZÓN.


SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA


Cinco boas razóns para levar a prensa á escola (Segundo a web Educación en Valores)

1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.

2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.

3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.

4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.

5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.