jueves, diciembre 18

CHEGOU O NADAL

 Estamos a piques de rematar as clases de este ano, así que queremos desexarvos a tod@s unhas felices festas.
 Voltaremos o próximo ano con moitas gañas de traballar, de aprender, de disfrutar nas nosas clases e, sobre todo, de vermonos xuntos de novo.
 

jueves, diciembre 11

ADVENTO 2014


martes, noviembre 25

25-NOVEMBRO

Lipdub gravado pola comunidade educativa do IES de Mugardos co gallo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Coordinado pola profesora Dina Asensio.
A produción contou coa axuda do Concello de Mugardos a partir dunha acción cofinanciada polo Fondo Social Europeo e mais a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.


jueves, noviembre 20

20-NOVEMBRO

   Un ano máis chegamos a este día no que lembramos a Convención sobre os Dereitos da Infancia. Van alá vintecinco dende a súa proclamación e, ainda que foron moitos os países que aceptaron este compromiso, a realidade é outra ben distinta. Continúa a haber millóns de nenos e nenas vivindo situacións terribles.
Sabémolo todos, por iso é imprescindible facer que os nosos alumnos e alumnas se fagan conscientes desta problemática e aprendan a reclamar para sí e para os outros todo aquelo ao que teñen dereito.


martes, noviembre 11

MURALIÑOS

   Aos nenos e nenas de 3º gustoulles tanto a composición que fixeron os seus compañeiros de 2º que quixeron facer unha parecida para eles. Quedáronlles ben, verdade?

domingo, noviembre 9

QUE SERÁ?

Na nosa aula temos un novo elemento. Que tema será o que estamos dando? Sabédelo? E sabedes tamén o que son estas "cousas", non?
Certo! Son as Táboas da Lei, nas que están escritos os Dez Mandamentos.
En 4º están a traballar a figura de Moisés: a esclavitude en Exipto, a Pascua, o Éxodo, a Lei, a Terra Prometida...


E a que están guap@s?

martes, octubre 21

A CREACIÓN

   Os nenos de 2º de Primaria fixeron unha composición na aula para lembrar a todos a importancia da Natureza, que é un agasallo que Deus nos fai e que nós debemos coidar. Temos que mirar polos animais, polas plantas e, por encima de todo, polas persoas.


domingo, octubre 12

NOBEL DA PAZ - 2014

   O prestixioso premio Nobel da Paz foi concedido este ano a Malala e Kailash Satyarthi.
   O Comité do Nobel recoñece a estes activistas, paquistaní a primeira, indio o segundo, pola súa loita en favor da educación infantil.
   Kailash Satyarthi, con gran valentía personal, e seguindo a tradición de Gandhi, lidera protestas e manifestacións pacíficas para denunciar a explotación infantil e fomenta o desenvolvemento de convencións internacionais en favor dos dereitos dos nenos.
   Malala Yousatzay, a pesares dos seus 17 anos, leva anos loitando, en circunstancias perigosísimas, polo dereito das nenas a recibir educación. É unha mostra de que os nenos e nenas tamén poden contribuir a mellorar a súa propia situación e hai que darlles voz.
   Son unha musulmana e un hindú; a concesión conxunta do premio aposta por rexeitar os extremismos relixiosos e os enfrentamentos violentos. Aposta por aunar esforzos polo dereito á educación. 

sábado, octubre 4

CADEIRA VERMELLA

   Un ano máis sumámonos á campaña da Cadeira Vermella, iniciativa lanzada en 2012 co obxectivo de chamar a atención simbolicamente sobre a alarmante cifra de nenos e nenas que non van á escola.
   Neste curso centrarémonos no aspecto da inclusión, remarcando que tódolos nenos e nenas teñen o dereito de asistir á escola a pesares dos seus diferentes lugares de residencia, capacidade económica das familias, xénero, idioma, orixe étnica ou diversidade nas súas capacidades. 

domingo, septiembre 7


sábado, julio 5


ARTE 2014

   Por pouco non damos rematado o traballo de arte deste curso. Botóusenos o tempo enriba e, ainda que contabamos con toda a información, andamos apurados para facer a presentación final.
   Gústanos traballar sempre sobre este temática porque a cultura de Occidente está intimamente impregnada do cristián e non é posible entendela plenamente sen coñecer o feito relixioso. Igualmente, é moi difícil coñecer a evolución do pensamento cristián se descoñecemos as súas manifestacións artísticas.
   O tema que escollimos neste curso foi a evolución da representación da Crucifixión ao longo das diferentes etapas históricas cos seus diversos estilos.
   

AS NOSAS FESTAS

   Os nenos e nenas de 2º fixeron un bonito traballo sobre as festas que se celebran nas súas parroquias.

DSI

      O tema do noso mural "Amodiño" deste curso estivo relacionado coa Doutrina Social da Igrexa, que é o corpus doutrinal do Maxisterio que reflicte a súa postura moral sobre a sociedade, a política e a economía. Toca temas tales como a paz, o desenvolvemento, a familia, o traballo, os dereitos humanos...
   OBXECTIVOS:
  • Comprender o que a Palabra ten que decir ao mundo de hoxe.
  • Valorar a realidade confrontándoa coa mensaxe evanxélica.
  • Entender que o Evanxeo contribúe á humanización do ser humano, que significa un avance na construcción dun mundo mellor, que axuda a acadar maiores cotas de xustiza social, de fraternidade e igualdade.
  • Aprender a ler a prensa.
 

CHEGAMOS!

Onde chegamos? A Compostela.
Fixemos un longo camiño para recuperar as estrelas que un monstro andaba a agochar polo espazo, pero conseguímolo.

jueves, julio 3

SORPRESA!

   Quen nos ía decir que este ano teríamos tanta sorte coma no anterior!!! Cando recibimos a noticia case que non podiamos crelo. Pero ben contentos que nos puxemos!!!

   Aquí podedes vernos (e a nosa compañeira Lara, de AE) co noso premio.

MES DE MAIO

Coma sempre, o mes de maio dedicámolo de maneira especial á figura de María.

miércoles, julio 2

CANTIGAS DO CAMIÑO


Os nenos e nenas do 3º Ciclo de Primaria traballaron sobre a música xacobea. Fixeron uns bonitos murais sobre algunhas das cantigas (medievais unhas, actuais outras) que acompañan aos peregrinos no seu andar por esta ruta milenaria.

 
 
E, como podedes ver, puxémonos todos ben guapos para a ocasión.

jueves, abril 24

PASCUA

Outro ano máis chegou a hora de colocar o noso cirio na clase.

Felices Pascuas!

sábado, abril 19

SEMANA SANTA


Os nenos e nenas do Primeiro Ciclo fixeron un novo paso para incorporar á nosa procesión.
É unha Piedade ben linda, verdade?
E os de Infantil "vestíronse" de capuchóns.
Aquí podedes velos:

O CAMIÑO DAS ESTRELAS

   Sabe moi ben todo o cole que hai un monstro alén do Sistema Solar que anda a roubar estrelas dunha maneira voraz. Quere quedar el con todas, pero non para comelas; tenas moi ben gardadiñas, que el o que quere é velas.
Nós imos recuperalas.


Na clase de Relixión traballamos O Camiño, axudando a Mica e Rato, e tamén ao Principiño.
Imos conseguir estrelas
para que ese monstro lambón
non se nos quede con elas.

lunes, febrero 10

ONCE


Os alumnos e alumnas do terceiro ciclo de Primaria estamos a traballar para participar no 30 Concurso Escolar da ONCE. Nesta ocasión invítasenos a reflexionar sobre a ilusión. Sen ela, a ONCE non tería conseguido nada, porque foi precisamente a ilusión a que a moveu dende a súa orixe en 1938 ata a actualidade: a ilusión de romper as barreiras da discriminación para conseguir a inclusión social das persoas con minusvalías.
A ilusión é un motor que nos empurra a superarnos, a perseguir as nosas metas, proxectos e soños. É a compañeira que nos axuda a camiñar cara ao horizonte con esperanza e alegría. Por iso, e porque o mellor da ilusión é que pode espallarse a outras persoas, imos reivindicar, xunto coa ONCE, un Día da Ilusión. 


domingo, febrero 2

DÍA DA PAZ

Vimos de celebrar un pequeno acto como conmemoración do Día Escolar da Non violencia e a Paz.


Resultou todo moi bonito. Puxemos as pegatinas da Paz, cada clase preparou o seu Planeta da Paz, que ahora decoran a entrada, algúns nenos e nenas recitaron poemas, os maiores leron un manifesto e, todos xuntos, cantamos a canción que Diana, a nosa profe de música, ensaiou (con coreografía incluída).  

viernes, enero 24

ACTIVIDADE NA REDE

 Esta semana iniciamos a nosa participación en Conectandomundos, a proposta educativa de OXFAM-Intermón que vimos realizando nos últimos anos.
  Nesta ocasión o facemos en colaboración coa profe Diana e os seus alumnos. Estamos moi contentos por iso.



Os obxectivos que nos propomos abordar nesta edición de Conectandomundos son:
  1. Recoñecer a inxustiza e as desigualdades que existen no mundo a nivel alimentario fomentando a reflexión, concienciación e a indignación perante a carencia dun dereito básico: a alimentación.
  2. Analizar a orixe desta inxustiza, para entender as principais causas que provocan a fame e as desigualdades alimentarias no mundo.
  3. Reflexionar en torno de alternativas e posíbeis solucións perante a inxustiza alimentaria para fomentar actitudes e accións transformadoras que contribúan para paliar esta situación.