jueves, diciembre 31


jueves, diciembre 24

BO NADAL!


sábado, diciembre 5

ADVENTO 2015

   Comezamos un novo ano litúrxico. É momento de preparar o Nadal que se achega.

sábado, noviembre 14

MOISÉS


jueves, noviembre 12

OS NOSOS TALENTOS

Todas as persoas temos os nosos talentos. Non debemos deixalos morrer, senón que temos que facelos medrar, polo noso ben, polo da sociedade e da humanidade enteira.
 E, xa que estamos nestas, poñemos aquí un pequeno video que fixeron varios cursos atrás unhas alumnas e alumnos e que, naquel momento, non colgamos no blogue.

sábado, octubre 10


lunes, junio 15

AMODIÑO

   


   O "Amodiño" deste curso, ese gran mural que todos os anos confeccionamos traballando coa prensa, quedounos a medio facer. O seu tema eran os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, xa que este ano, 2015, era a data que a ONU tiña marcada como remate para a súa consecución.
   Sobre os ODM fixemos tamén outras cousas. Un video:


   Muraliños que mandamos ao II Certame de MailArt do CPI Conde de Fenosa de Ares:



     Así que, co "Amodiño" continuaremos o curso que ven, traballando cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible que a ONU está neste momento a preparar.

domingo, mayo 24

MAReANDO




Este é o traballo que fixeron os nenos e nenas de 5º e 6º dentro do Proxecto Mar de Galilea. Unha mirada a algunhas obras de arte baseadas nos relatos bíblicos que están ubicados no lago de Genesaret ou na súa ribeira.

PENTECOSTE

Andando e andando polo noso calendario litúrxico chagamos xa ao día de Pentecoste.

viernes, mayo 8

MES DE MAIO

   É ben certo que este ano está a pasar o tempo de forma vertixinosa. Chegou o mes de maio case sen nos decatar. Mais non nos olvidamos de María. Estamos facéndolle flores. Gústanvos?

martes, marzo 31

CORESMA

Temos un paso novo para a nosa procesión de Semana Santa. Este ano estreamos Xesús na Horta das Oliveiras. 
Ben podemos darlle as grazas a Jaime, Sergio e Yago, de 2º de Primaria, que foron os artistas, porque fixeron unha obra preciosa.

jueves, febrero 26

PROXECTO: MAR DE GALILEA

Este curso Micabigotes e o rato propuxéronos traballar sobre o mar. Así que, apuntámonos. E, claro, se hai un mar importante na vida de Xesús ese é, sen dúbida algunha, o lago Tiberíades.

sábado, febrero 14

30-XANEIRO

   Mentras teñamos que falar do "cuarto mundo", das nenas e dos nenos que non teñen a oportunidade de ir á escola, das persoas que morren de fame, daquelas ás que se lles negan os medicamentos que as poden curar, das mulleres maltratadas, das abismais desigualdades sociais, dos conflitos armados, da esclavitude... non haberá PAZ.
   Por iso é tan importante celebrar esta xornada nos centros educativos.
A EDUCACIÓN É UN VALOR TRANSFORMADOR
A EDUCACIÓN CAMBIA O MUNDO

jueves, enero 29

FELICIDADES

   Felicidades! Ainda estamos no Nadal.

Seguro que máis de un pensou que coa chegada dos Magos rematara o Nadal, verdade? Pois non. 
Acabará o próximo domingo.

2015